Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba acolle a primeira edición dunha batalla de porteiros

Por 6 Marzo, 2018Sin comentarios

Os porteiros están de noraboa. O próximo venres 30 de marzo o Rácing Vilalbés organiza unha das competicións máis atractivas e vistosas para os gardamallas, a I Batalla de Porteiros, que será no campo de fútbol da Magdalena .

Poden participar todas as persoas previa inscripción, e consta de categorías: sub12, sub15, sub18, femenina e absoluta.

O custo da inscripción será de 15 euros se se inscriben antes do 18 de marzo. Os sub16 terán un desconte de 5 euros e os do Vilalbés de 3 euros. Para as batallas por parellas, é requisito previo apuntarse nas individuais. Serán 5 euros máis por participante.

Haberá premios para os gañadores por categorías, agasallos e sorteos, ademais dunha camiseta conmemorativa da xornada. O club sorteará unha inscripción gratuíta no seu Facebook e outra no Twitter.

As incripcións podense facer en www.batalladeporteirosrcv.wordpress.com ou nos teléfonos 646 38 64 05 – 676 00 74 31- 982 51 20 79