A Garda Civil investiga en Rábade a catro persoas por agresión

A Garda Civil investiga na localidade de Rábade a tres veciños de Ribadeo, de 40,27 e 22 anos de idade e a un veciño de Lugo de 47 como supostos autores dun delito de lesións.

Os presuntos autores están acusados de agredir a un veciño de Madrid o pasado mes de novembro no exterior dun establecemento hosteleiro situado no término municipal de Outeiro de Rei co resultado de rotura de maxilar inferior e ósos do tabique nasal.

As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

Etiquetas