Aberto o prazo de inscripción para o IV Congreso de Arqueoloxía en Vilalba

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo, vén de abrir o prazo de inscrición para as ponencias do IV Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba, onde deberán enviar previamente os seus traballos para poder ser evaluados.

Este congreso, que se celebrará entre o 18 e o 21 de xullo, é o único de carácter científico desta temática no noroeste da Penísula e serve de vínculo de comunicacion entre profesionais e investigadores da arqueoloxía. Os outros anos  tiveron entre 80 e 100 propostas de poñencias e arredor de 120 asistentes. As inscripcións poden facerse a través da web do museo e custan 100 euros para poñentes, 75 para asitentes participantes y 35 para oíntes.

Etiquetas