Combo Dominicano, París de Noia e Panorama estarán este verán nas festas de San Ramón de Vilalba

As Festas de San Ramón e Santa María contan xa cunha nova comisión organizadora, que ven de confirmar parte do programa do que disfrutarán este ano.

Xa están confirmadas as actuacións de Combo Dominicano e Dúo Estrellas, que tocarán o 30 de agosto, víspera do patrón; as orquestras Pontevedra e Gran Parada farano o día 31; La Ola ADN e París de Noia amenizarán o día 1 de setembro, e por último o día 2 cerrarán as patronais Xacobeo e Panorama.

Estas patronais estrenana nova comisión de festas, da que forman parte Charo Carreira e Manuel Prado, que serán os responsables este ano de elaborar o programa desta cita anual, que ten por tradición ser a última semana de agosto.

Falta todavía por confirmar quen actuará os días 25 e 26 de agosto coincidindo coa Xira. “Gustaríanos organizar mais cousas, pero según vaian avanzando os días e teñamos mais cartos, iranse sumando actos o programa” din os membros da comisión.

Con este pequeno adianto, as festas empezan a conformar un programa que é un dos máis esperados do ano.

Etiquetas