Skip to main content
ActualidadeMuras

Amplíase o prazo para solicitar a subvencion por gasto de luz en Muras

Por 9 Marzo, 2018Sin comentarios

O Concello de Muras ampliou o prazo para pedir as axudas por gasto de luz nos fogares dos veciños de Muras ata o 15 de marzo de 2018 correspondente á pasada anualidade. Como en edicións anteriores, todos os interesados en solicitar esta axuda terán que presentar as facturas correspondentes ao todo o ano pasado nas oficinas municipais, no Rexistro Xeral. Este ano, como novidade, o abono farase nun único pago.

O importe individual das achegas non superará os 500€ por unidade familiar e concederase en función da Renda per Cápita anual da unidade familiar.

Concederase unha soa axuda a cada familia que o solicite e unha soa por vivenda habitual e por contador da luz destinado á vivenda habitual. No caso de edificios de vivendas, poderase conceder a axuda a cada vivenda que forme parte del e que así conste no padrón municipal de habitantes. Non poderán optar a estas axudas as vivendas que teñan débedas coa administración local, agás que sexan abonadas antes do remate do prazo.