Novas vitorias do Club Atletismo de Friol en Murcia

O pasado 4 de marzo  disputouse o Campionato de España de Cross Escolar na localidade de San Pedro do Pinatar (Murcia), onde acudiron tres atletas do club Atletismo Friol. Na categoría sub 16, tomaban parte as nenas Noelia Sánchez e Nerea Lage. Noelia finalizaría no posto 27, mentras que Nerea o faría no posto 56. Por comunidades, Galicia lograba a sexta posición.

Polo que se refiere á categoría sub 18, María Carballido acababa no posto 68, aportando puntos para que Galicia entrase no posto décimo.

Etiquetas