Skip to main content
ActualidadeVilalba

Carlos Yobani, campión de España júnior de loita

Por 12 Marzo, 2018Sin comentarios

O vilalbés Carlos Yobani García proclamouse campión de España júnior de loita nos campionatos de España que veiñen de celebrarse en Xixón. Carlos, que partía como favorito, dominou con superioridade a categoría de menos de 65 kg a pesares de chegar a Asturias aínda convaleciente por un proceso gripal nos últimos días.

Aínda así, o vilalbés cumpriu coas espectativas dos seleccionadores españois gañando todos os enfrontamentos por superioridade técnica ou tocado antes do tempo regulamentario o que o posiciona entre as principais bazas para formar parte do combinado español nos próximos europeos e mundiais júnior que terán lugar respectivamente en Roma no mes de xullo e Trnava (Eslovaquia) no mes de setembro, sempre á espera do que faga no próximo Campionato de España Sub23 e os torneos internacionais de la Nucia no mes de abril e de Sassari (Italia) no mes de maio.

Roberto Díaz Orosa, tamén do Vilalba, acadou o bronce en menos de 61 kg, resultado moi meritorio tendo en conta a falla de preparación deste ano debido á dificultade de compaxinar as responsabilidades académicas cos adestramentos diarios en Vilalba.

Da provincia e tamén compañeiros de adestramentos destaca a participación dos rabadenses Laura Arias e Jonathan Pernas. A primeira logrou o bronce en libre feminina en menos de 57 kg tras non poder superar a actual campioa e favorita Victoria Báez. Jonathan non tivo moitas oportunidades de loitar polos primeiros postos en menos de 79 kg ao caer en primeira rolda e non ter opcións de repesca.