Skip to main content
ActualidadeOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Máis de 300 persoas participaron no concurso de recitado poético ‘Rosalía sempre viva’

Por 12 Marzo, 2018Febreiro 3rd, 2021Sin comentarios

Máis de 300 persoas (alumnado, docentes e familiares) déronse cita o sábado 10 de marzo, na Casa-Museo Manuel María para participaren na fase final do Concurso de recitado poético Rosalía sempre viva.

O alumnado participante, de entre os 6 e os 18 anos, desenvolveu un concurso competitivo e emocionante, acandando un nivel altísimo que puxo moi complicado o veredito do xurado formado pola poeta e profesora María Xosé Lamas, o actor e director teatral Anxo Manoel Lamelo e polo catedrático de instituto Eduardo Álvarez.

Os premiados segundo as categorías foron:

  • 1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): As alumnas e alumnos do CEIP Os Muíños de Moraime-Muxía, polo recitado do poema “O cuco” de Manuel María
  • 2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria): Izan Pérez Asensio do CEIP Barrantes de Tomiño, polo recitado do poema “Teño un niño de tolos pensamentos” de Rosalía
  • 3ª categoría (Educación Secundaria): Lucía Boullosa Álvarez do IES Francisco Asorey de Cambados, polo recitado do poema “Nascín cando as flores nascen” de Rosalía
  • 4ª categoría (Bacharelato e Ciclos Formativos): Diego Alonso Pita do IES Lois Peña Novo de Vilalba, polo recitado do poema “Que pracidamente brila…” de Rosalía