Marionetas Trécola, de Pol, prepara nova obra

Xogo revolto é a nova obra que a compañía Marionetas Trécola, de Pol, propón para esta tempada. Marionetas Trécola comezan esta nova andaina coa creación dunha nova obra onde o tema principal é o bullying. Esta compañía de teatroleva anos traballando coa Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público (Fapacel) e levando as súas educativas obras de marionetas polos colexios.

Actualmente, están no proceso de creación do guión e inmersos na construción de marionetas e escenografías, ao que seguirán moitos ensaios e a escea. “Esperemos que a nosa proposta sirva tanto para divertir como para sensibilizar á xente nova”, di Isa García, unha das compoñentes do grupo. “Trátase dunha obra de monicreques para cultivar valores emocionais aos máis pequenos”, engade.

Antes de poder saír a escea a representar calquera das súas obras, estes rapaces fan un traballo importante, imaxinar todo un mundo e ver claros os elementos necesarios para levar a cabo a idea principal da obra. Despois deste importante traballo empezan a tarefa de materializar as ideas, o xogo no taller, os materiais necesarios para cada parte do corpo do monicreque correspondente, os espazos nos que se moveran estes titeres, etc.

A compañía
Marionetas Trécola empezou como compañía familiar na que á fronte están Ero Vázquez e Isa García, “somos unha compañía familiar, non buscamos ser unha gran empresa de fabricación de espectáculos. Adicámonos profesionalmente ao teatro de marionetas porque nos gusta crear historias, personaxes que as representen, espazos para as historias e vivilas nós tamén dalgunha maneira”, comenta Ero Vázquez.

Nestes  ano, os espectáculos máis representados foron a Traxicomedia de Calixto e Celestino, Lolo e a Ratoa e As tres Raíñas Magas como creacións propias. Pero hai outra obra que continúa a representarse, The Piccole Theatre, que xa existía antes de que estes rapaces se  fixeran cargo da compañía, para o que tiveron que restaurar algunhas marionetas; posto que xa actuaban no Teatriño de Feiras de 1981 e engadir outras novas.

 

 

Etiquetas