Nova xornada exitosa da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá

O mal tempo non impediu que a XXVI Feira do Queixo e Pan de Ousá se celebrara como de costume. Despois de tantas edicións foi normal que un gran número de persoas se achegaran ata o recinto ferial de Friol con ganas de tradición e bo sabor de boca. Esta mostra é un gran escaparate gastronómico e turístico, sendo un dous principais sinais de identidade de Friol, ademais axuda e dinamiza a actividade económica. O Queixo de Friol e o Pan de Ousá son dous productos totalmente artesáns, ambos elaborados coas mellores materias primas de Friol.

Dende o Concello prepararon un ambicioso programa de actividades pensando en todo o público que se achega á feira. Esta abriu as súas portas ás 11.30 horas e dende ese momento non deixaron de chegar visitantes, que esgotaron as 10.000 pezas de queixo postas á venda. As previsións de participación de queixeiras e panadeiros foron acertadas, xa que houbo en torno a unhas 95 queixeiras e 5 panaderías de Ousá expoñendo os seus produtos. En canto ó volume de queixos, houbo sobre uns 10.000 queixos nos postos de expositores e de venda. E o número de pezas de pan manteuse como é costume nunhas 3.500 unidades aproximadamente.

Etiquetas