Convocada unha nova edición do Certame de debuxo e poesía Avelino Díaz

Os concellos de Meira e Riotorto veñen de convocar a segunda edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberta a toda a poboación e co obxectivo de loubar a figura deste representante da cultura na zona de Meira.

O concurso dividirase en tres categorías de idade, na que se inclúen tanto maiores como menores de 18 anos.

No apartado de debuxo, poderán presentarse obras en formato e temática libre, mais os poemas deberán estar escritos en galego, cunha extensión mínima de oito versos e unha máxima de 60, con Arial 12pt.

O prazo de presentación é ata o 17 de maio e o lugar de recollida de traballos é a Asociación Avelino Díaz de Meira. Os premios constan de diplomas, lotes de material escolar ou libros. Tamén haberá unha tableta e un libro electrónico para os primeiros.

Podes consultar as bases no seguinte enlace.

 

Etiquetas