Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol celebrará o 7 de abril a III Festa do Porco Celta

Por 5 Abril, 2018Sin comentarios

Outro ano máis, a Festa do Porco Celta de Friol celebrarase, como é tradicional, no mercado gandeiro de Friol o día 7 de abril. A que xa é a terceira edición estará organizada pola MVMC de Carballo, Antonio Díaz de Guldriz e polo Restaurante Roimil, que son produtores que o que buscan é poñer en valor a calidade da carne deste porco de antiga raza e promocionar aos criadores da zona de Friol, xa que esta raza porcina é a única autóctona de Galicia de protección especial e en perigo de extinción.

Chegada a tarde, comezará ó campionato de tute, que está incluído para os asistentes á cea, no que ó gañador alzarase co gran premio, un porco celta cebado para a próxima campaña valorado nuns 450 euros. Aínda que os que non queden primeiros tamén terán a súa recompensa, xamóns, cacheiras, lotes de embutidos e moitos mais sabrosos agasallos. Espéranse unhas 300 persoas, como nestes últimos anos.

A cea, que custará 20 euros, consta dun menú baseado neste tradicional alimento. Cuns entrantes de xamón, chourizo a brasa, salchichóns…, a continuación caldo de osos, e para rematar a degustación do magnífico manxar de porco ao espeto, que é a novidade deste ano, e ademais estará preparado por un cociñeiro portugués, que é especialista en facer porco ao espeto. Inclúe tamén o café, viño e sobremesa. Despois da cea, a orquestra Venezia amenizará a noite.