Abadín celebra o día 28 a Festa da Xuventude

O Concello de Abadín celebrará o día 28 de abril a segunda edición da Festa da Xuventude, na que haberá música, xogos e un xantar popular.

A festa terá o seu inicio ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo da orquestra Palladium, que amenizará tamén o inicio do xantar popular, que estará a cargo de Cátering Rochela.

No menú desta comida figuran xamón cocido, polbo, churrasco con criollos, postre, café e chupito. Para os adultos, o prezo do xantar será de 21 euros, mentres que os rapaces entre 7 e 11 anos deberán abonar 10,50 euros. Os interesados en participar nesta xuntanza gastronómica poderán retirar o seu tícket ata o 20 dea bril.

Tras o xantar haberá animación musical a cargo do Dúo EPO-K, así como xogos para os pequenos a cargo de Puzzle Animación e hinchables.

Pola noite e como fin de festa haberá dobre sesión de verbena coa actuación das orquestras Palladium e Xacobeo.

Etiquetas