Entregados os premios de poesía na biblioteca de Xermade

Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil a biblioteca de Xermade celebrou unha sesión de contos de medo con Carmen Domech na que participaron uns 40 nenos que gozaron dunha actividade coa que se pretende incentivar aos pequenos á lectura. Como complemento da xornada, o alcalde Roberto García e a responsable da biblioteca, María González Cabarcos, fixeron a entrega dos premios aos 6 gañadores do Certame de Poesía Infantil Nadal 2017.

Os premios foron para:

CATEGORÍA A (ATA 8 ANOS)

  • Alba González Romero (En Nadal)
  • Sara Lorenzo Blanco (O Nadal)
  • Xiana Paz Ferreiro (O Nadal)

CATEGORÍA B (de 9 a 11 anos)

  • Aroa Blanco Prieto (Benvido Nadal)
  • Samuel Maceira Carreira (As cores de Nadal)
  • Uxía Pena Basanta (Xa chegan os Reis Magos)

Etiquetas