Muras será sede dunha nova edición do Campamento galego de descenso de canóns en maio

O Concello de Muras acollerá a edición número XXVIII do Campamento Galego de descenso de canóns, que terá lugar a fin de semana do 12 e o 13 de maio.

Xunto con outros organismos, o concello de Muras colabora coa Federación galega de Espeleoloxía nunha nova edición desta cita, que se desenvolverá na contorna do rego de Silán.

Para ista celebración, os días 12 e 13 de maio, na praza do Viveiró, haberá unha carpa para a recepción dos inscritos, que virán equipados co material persoal completo de barrancos: traxe de neopreno, casco, calzado, material de progresión vertical e mínimo unha corda de 40 m. Para a pernocta ofrecerase a antiga escola de Viveiró que conta con duchas de auga quente.

A cea será no restaurante Casa Vituco & Picapan onde farase a cea entre os participantes, que deben facer a inscripción coa suficiente antelación (ata o 2 de maio como máximo), xa que o local ten prazas limitadas.

Etiquetas