Todo vendido para o FIV 2018

O FIV 2018 colgou xa o cartel de Todo Vendido dúas semanas antes da súa celebración, prevista para o 27 e 28 de abril no municipio lucense de Vilalba.

O festival galego abrirá as súas portas o venres 27 ás 20:30h dando a bienvenida a unha fin de semana repleta de boa música. Os encargados de inaugurar as táboas do Escenario Mahou serán Postergel ás 21:00h. Tomaralles a substitución o rock de Shinova, ás 22:20h, para logo deixar paso aos pratos fortes da noite: Carlos Sadness (23:50h) e Xoel López (01:20h). Pechará a noite a mellor música electrónica da man de David Kano DJ, a partir das 03:00h.

Máis madrugadora será a xornada do sábado 28, que comezará ás 13:00h no Auditorio Municipal coa actuación da Banda de Música de Vilalba, seguida dos murcianos Nunatak ás 14:00h.

De volta ao Escenario Mahou, os primeiros protagonistas serán Escuchando Elefantes (21:00h), seguidos de La Habitación Roja (21:50h). Tras eles chegará o Concerto Sorpresa Mahou Cinco Estrellas, cun artista que só se desvelará no mesmo momento da súa actuación, ás 22:50h. Os ritmos sexis de Novedades Carminha (23:25h) e os envolventes temas de Lori Meyers (01:00h) poñerán o broche final ao FIV, que continuará a festa de madrugada coa sesión de Oscarmina DJ (03:00h).

OUTRAS ACTIVIDADES

O FIV é, ademais dun festival, unha experiencia musical ao completo, na que se poderá gozar non só dos mellores concertos en directo, senón tamén dunha gran variedade de actividades culturais durante a fin de semana.

O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá dúas interesantes conferencias: unha sobre o papel da radio nos festivais (sábado 28 de abril, 18:30h), e outra sobre a vida de David Bowie (venres 27 de abril, 18:30).

Unha homenaxe ao Duque Branco continuará ao longo de toda a fin de semana no auditorio, grazas á especial exposición de Carlos Luxor que se exhibirá venres e sábado en horario de 12:00h a 19:30h. Unha mostra onde se poderán admirar unha gran diversidade de cadros sobre o artista que inclúen pezas únicas e de gran valor, para deleite dos seguidores de Bowie.

O cine tamén terá protagonismo no FIV, coa proxección no Centro Cultural de dúas recoñecidas películas estreitamente ligadas á música: Idol (venres, 16:30h), do director Hany Abu-Assad, que narra a vida do popular cantante palestino Mohammed Assaf; e Mi vida entre las hormigas (sábado, 16:30h), o documental sobre a mítica banda de Rock Ilegais e a súa carismático e inimitable cantante e compositor, Jorge Martínez.

Etiquetas