Skip to main content
ActualidadeCospeito

Cospeito celebra esta fin de semana a Feira da Maquinaria

Por 27 Abril, 2018Sin comentarios

O Concello de Cospeito organiza un ano máis a Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades, que terá lugar na capitalidade do municipio a fin de semana do 28 e 29 de abril.

A que xa é a XXIX edición desta celebración pretende novamente volver ser un referente en sectores importantes para a economía da comarca, como a maquinaria usada e nova, agrícola e industral, a artesanía, os anticuarios, a floricultura e todo tipo de dispositivos que se poidan ver nunha feira.

Este ano haberá novidades no campo da artesanía con pavillóns renovados e unha gran presenza de pezas de gran valor no apartado dos anticuarios.

A feira abrirá as súas portas o sábado 28 ás 10.00 no recinto feiral e media hora máis tarde farano o pavillón dos deportes, onde estará ubicada a exposición de anticuarios. Aínda así, a inauguración oficial coas autoridades será ás 13.30 horas. Estas dúas mostras permanecerán abertas ata as 20.30 horas. O domingo repetirase o horario, desde as 9.00 horas  tamén coa clausura oficial ás 20.30.