Os traballadores de Leite Celta chegan a un acordo e suspenden a folga

Os traballadores da planta de Leite Celta en Meira puxeron fin na noite deste xoves á folga indefinida que sumaba xa oito días tras aceptar un pre-acordo coa empresa, que asume a equiparación salarial dos empregados da planta de Lugo cos de Pontedeume.

O documento recolle ademais melloras sociais para o traballo en datas sinaladas e licenzas retribuídas nos supostos de asistencia médica, entre outras cuestións. En términos económicos asúmese un incremento do 1,5 por cento por encima das subidas do convenio estatal do sector, así como o pago lineal de 250 euros neste primeiro ano, segundo o sindicato.

O pre-acordo está supeditado á firma definitiva nun prazo máximo de tres semanas para poñer fin ao conflito nesta empresa.

Etiquetas