Skip to main content
ActualidadeCospeito

O socialistas de Cospeito, disconformes coa contratación dos servizos xurídicos a unha empresa

Por 25 Abril, 2018Sin comentarios

O Grupo Municipal Socialista de Cospeito mostrou a súa disconformidade pola contaratación dos servizos xuíridos por parte do Concello cando “esa mesma asistencia é gratuíta por parte da Deputación”.

Segundo indica Rosa Morán, a decisión de facer esta contratación quedou reflectida na acta da Xunta de Goberno do 5 de abril de 2018, coa apertura do expediente de contratación para a prestación de servizos xurídicos do Concello de Cospeito , asesoría xurídica e servizos de asistencia letrada e defensa en xuízo. O trámite faise por procedemento negociado sen publicidade.

O mesmo prego indica que se contrata unha empresa por importe de 12.000 € anuais, “o cal nos sorprende porque parece un gasto innecesario, xa que estes servizos poderíanse solicitar á Deputación Provincial, pois conta con equipos suficientes e destinados a este fin, ó cal recurren a maioría dos concellos da nosa provincia”. Engaden que “non entedemos cal é a causa pola que o noso Concello decida entón pagarlle a unha empresa, ocasionando así ás arcas municipais un gasto innecesario, precisamente cando o noso Concello cun plan de axuste e un plan económico financiero, nos indica ano tras ano a necesidade de reducir custes. Considerámolo unha irresponsabilidade que coa débeda que acumulamos, paguemos por un servizo co que poderíamos contar igualmente sen que nos custara nada”.

Por este motivo, os socialistas presentarán unha moción para que no vindeiro pleno se expliquen os motivos de tal decisión, e instan ao goberno municipal a socilitar os servizos de asesoramento xurídico e de asistencia letrada e defensa en xuízo, sen custo algún para o Concello.