Descende a delincuencia en Vilalba

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, copresidiron a reunión ordinaria da xunta local de seguridade, na se fixo unha análise da evolución da delincuencia durante o ano 2017, constatando unha lixeira reducción das denuncias presentadas no municipio.

Ademais do subdelegado e do alcalde, na xuntanza participaron representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.

A taxa de criminalidade de Vilalba sitúase nas 18,32 infraccións penais por cada mil habitantes, o que supón 2,5 puntos por debaixo da media provincial, 9 por debaixo da galega e case 44 por debaixo da nacional, atendendo aos datos oficiais feitos públicos polo Ministerio do Interior.

As estatísticas da Garda Civil analizadas na xuntanza desta mañá revelan ademais un descenso en prácticamente todas as tipoloxías delictivas denunciadas en Vilalba durante o pasado ano. No caso dos delitos de maior consideración, descenden os delitos contra as persoas, os delitos contra a liberdade e tamén os delitos contra a seguridade colectiva, entendendo como tales os delitos contra a seguridade vial e contra a saúde pública, principalmente.

Os delitos contra o patrimonio -que son os que teñen unha maior incidencia no concello chairego- mantéñense nos niveis de 2016, cando rexistraran unha importante reducción do 42% con respecto ao ano anterior.

Segundo se espuxo tamén na reunión, a Garda Civil esclareceu o 46% dos delitos de maior consideración que se denunciaron durante a pasada anualidade en Vilalba, detiveron a 20 persoas e investigaron a outras 17 pola súa presunta implicación en feitos delictivos.

PLAN PARA MELLORAR A SEGURIDADE ESCOLAR

Como é habitual nas reunións das xuntas de seguridade, o subdelegado do Goberno fixo tamén un breve repaso polos obxectivos e os resultados dos plans operativos impulsados pola Secretaría de Estado de Seguridade e que supuxeron actuacións no municipio en cuestión. No caso de Chantada destacou, entre outros, o traballo desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no marco do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar, animando ademais aos centros de ensino a solicitar a impartición de charlas por parte dos profesionais para favorecer a seguridade dos máis novos.

No curso 2016-2017, impartíronse 8 charlas en centros de ensino de Vilalba. Foi no CEIP Antonio Ínsua Bermúdez, o CEIP Manuel Mato Vizoso e o IES Lois Peña Novo, e nelas abordáronse as seguintes temáticas: os riscos de internet e as novas tecnoloxías, os perigos de consumir alcohol ou drogas, e o acoso escolar. No que vai do actual curso académico impartíronse 5 charlas (sobre acoso escolar, riscos de internet e violencia de xénero) e hai outras catro pendentes de realizar.

Etiquetas