Skip to main content
AbadínActualidade

Usuarios do Centro de Día de Abadín coñecen o albergue de Gontán

Os usuarios e traballadoras do Centro de Día de Abadín, pertencente á rede de centros do consorcio da Consellería de Política Social, realizaron unha pequena excursión ao albergue de peregrinos de Gontán.

O obxectivo desta excursión, como explican o seus organizadores foi “polo interese que temos por coñecer algo máis sobre esta motivación cultural que atrae a miles de persoas a Galicia e que temos tan cerquiña, sobre todo porque no noso día a día moitos peregrinos se achegan a  preguntar por locais e estancias no camiño de Santiago”.