Skip to main content
Actualidade

Homenaxe a Xosé Manuel Carballo en Castro de Rei

Os amigos e colaboradores máis directos de Xosé Manuel Carballo, Os Valuros, grupo de teatro e Os Baluros, grupo de música galega, renderanlle un homenaxe en Castro de Rei.

Os actos comezarán ás 16:00 horas no Cemiterio de Goberno, onde o alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado descubrirá unha placa no sepulcro de Carballo, que lembra que era fillo predilecto de Castro de Rei, despois rezarase un responso e acto seguido farase unha ofrenda floral. Os Baluros interprerán Carballesa, do gaiteiro Raul Galego, que homenaxea a Xosé Manuel Carballo, así como a Marcha solemne do Antigo Reino de Galicia.

Ás 17,00, no Centro Cultural de Castro de Rei, o alcalde, familia de Carballo e organizadores da homenaxe descubrirán a placa que dende agora identifica a este antigo Teleclub como Centro cultural Xosé Manuel Carballo, e xa no interior unha foto en pedra do homenaxeado.

No acto de homenaxe ademais de intervir o alcalde de Castro de Rei, o Bispo de Mondoñedo Ferrol, unha ducia de amigos de Carballo, actuarán os magos David Méndez, Óscar e o Mago Antón, discípulos e amigos do crego ilusionista homenaxeado.