José Cuba, no Europeo sénior de Rusia


O deportista vilalbés José Cuba atópase na cidade daguestaní de Kaspiysk (Rusia) para desputar o Campionato Europeo sénior, que comezou o 30 de abril coa modalidade de grecorromana e que rematará o 6 de maio coas finais e repescas de varias categorías de libre olímpica. Entre estas modalidades, na de 125 kg Cuba terá a súa maior presenza e para iso terá que pasar as clasificacións que comezarán o 5 de maio.

Cuba viaxará a Kaspiysk coa axuda da Deputación Provincial e a colaboración da Federación Galega de loita que quere invertir no loitador vilalbés como unha das mellores opcións galegas para Tokio 2020.

Tamén estes días estanse a desputar outros continentais, como os Panamericanos, nos que o Club de Loitas Olímpicas de Vilalba tamén terá un representante, trátase de Catriel Pehuén, loitador dos pesos pesados que se formou en Vilalba e que chegou a gañar os Campionatos de España, pero que hai dous anos probou sorte e competiu por Arxentina, o seu país natal, e que rápidamente fichouno como número un dos pesos pesados arxentinos.

Etiquetas