As Pontes rexistra a taxa de paro máis baixa dende 1999

O paro rexistrado na Oficina Pública de Emprego de As Pontes, durante o mes de abril, acadou a cifra más baixa desde o ano 1999, situándose o número de desempregados en 481. Este dato supón ademais un descenso do 37% desde ano 2015.

O dato de desemprego do mes de abril, facilitado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, amosa un descenso do 17% con respecto ó mesmo período do ano 2017 e dun 6% en relación co mes de marzo de 2018.

Esta tendencia a baixa estase a consolidar tras o peche do ano 2017, con 158 desempregados menos, e unha caída histórica das cifras durante o primeiro trimestre do ano 2018 grazas a xeración das condicións axeitadas para favorecer a creación de emprego, o afianzamento dos postos de traballo e para promover un clima de confianza que atraia a novas empresas

O alcalde, Valentín González Formoso, remarca que “desde o Concello de As Pontes manterase o compromiso co asesoramento e coas políticas activas de formación para dispor dun capital humano pontés cualificado, con maiores e mellores posibilidades para incorporarse ó mercado de traballo así como co apoio e o acompañamento na procura de emprego. Seguiremos articulando, dentro das nosas competencias, as medidas necesarias co obxectivo de manter e impulsar o crecemento do noso mercado laboral”

Etiquetas