O Iescha organiza unha viaxe cultural á Coruña

O domingo 20 de maio con saída ás 9:30 horas dende a casa da Cultura, o IESCHA oragniza unha viaxe a Coruña, onde visitarán o Museo de Belas Artes, realizarán un percorrido polas principais rúas da Cidade Vella e un paseo polo Monte de San Pedro para contemplar as fermosas vistas que dende alí se divisan. A comida terá lugar no Restaurante A Peneira na avenida Calvo Sotelo.

Nesta ocasión, estarán acompañados polas explicacións do arqueólogo Felipe Senén.

A cuota que haberá que pagar será de 25 € por adulto (os nenos, 5 €) que inclúe a comida e o autobús.

Os interesados poden apuntarse ata o mércores, 16 de maio, enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ou ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva. (686-451501/651- 361628).

Etiquetas