Skip to main content
ActualidadeMuras

O programa Xantar de Muras cumpre un ano

O programa Xantar no fogar que está presente no Concello de Muras dende maio do 2017 cumpre un ano cun gran éxito.

Este programa  xurdiu como unha iniciativa demandada polos veciños que carecían de ese servizo e que requerían dun coidado especial pola súa avanzada idade.

O programa leva un menú variado e equilibrado ao fogar de cada usuario e o reparto faise semanalmente e nel inclúense os menús que tocarán toda a semana. Estes quéntanse no microondas dunha maneira moi sinxela e veñen especificados por días para así facer o aporte nutricional dunha maneira correcta.

Os obxetivos básicos do programa son por un lado cuidar aos maiores e sobre todo a aquelas persoas que se atopan en situación de soidade e vulnerabilidade, que nalgúns concellos son moitas debido ao envellecemento da poboación.

Con esto intentase coidar a súa saúde con un menú rico e variado e por outro lado, dáse un soporte a estas persoas, xa que a través de visitalos cada semana se pode levar un control de como se atopan, así como detectar outras situacións de risco.  A iniciativa, permite que as persoas maiores ou dependentes, poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía persoal aceptable.

As persoas que desexen solicitar este servicio, deberán acudir aos servizos sociais do municipio, que son os que xestionan esta iniciativa