Arrincan as actividades do Correlingua 2018

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Concelleiro lucense, Daniel Piñeiro, participaron este mércores nas actividades do Correlingua 2018, que se celebraron na Praza de Santa María, nas que participaron preto de 1.000 escolares da comarcaA presente edición arrancou baixo o lema A lingua non para. 

O Correlingua é un evento de promoción do uso do galego dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato menor de 20 anos, que se celebra nos centros educativos de toda Galicia, co que colabora o Goberno da Deputación. En total na provincia de Lugo, mobilizarase no mes de maio a preto de 3.000 estudantes, dun total de 56 centros educativos, no que se inclúen tamén 2 de Ourense.  As actividades do Correlingua continúan pola provincia, concretamente mañá, na Praza da Catedral de Mondoñedo e o día 14 de maio no Parque dos Condes de Monforte de Lemos.

Etiquetas