O Concello de Guitiriz afirma que entregou ou traxes do GES nada máis recibilos

O Concello de Guitiriz fixo entrega dos EPIS de Intervención do GES ao día seguinte de recibilos no Concello. O Concello fai esta afirmación tralas críticas da CIG de Lugo na que se sinalaba que “o Concello de Guitiriz segue sen entregar vos Equipos de Protección Individual (EPIs) regulamentarios ao persoal do GES, incumprindo así o ordenado pola Inspección de Traballo, que lle dera de prazo atei ou 8 de febreiro para entregar a todos os traballadores e traballadoras estes equipamentos”.

O Concello quere aclarar que todos e cada un dos traballadores do GES dispoñían de pantalóns de roce para as tarefas de prevención de incendios, de dous dos tres EPIS posibles, (fundas de diario e traxes de parque).

Ademais destes dous Equipos de protección individual, existe un terceiro tipo de equipamento máis específico, ignífugo, denominado de intervención, que son os propios de bombeiro e utilizado puntualmente en labores de extinción de incendios.
Destes últimos EPIS, o Concello dispoñía de 3 equipacións completas, por entender que os labores básicos do GES son fundamentalmente de prevención e que nas posibles urxencias relacionadas coa extinción de incendios, non coincidirían máis de tres traballadores en quenda.

Os 4 traxes que se compraron, cos seus correspondentes cascos ignífugos, só se empregan puntualmente en labores de extinción incendios, onde a función do GES, ao existir un parque de bombeiros na comarca, entendemos que é de auxiliar aos bombeiros.

Ademais destes traxes tamén se compraron pantalóns anticorte para o uso de motosierras.

En canto á xestión e prazos, que tamén critica a CIG de Lugo, comentou que “do Concello depende pedir a uniformidade, feito que se realizou inmediatamente despois do requerimiento de inspección, pero o tempo de fabricación e entrega é alleo ao Concello. Sendo traxes que normalmente tardan, xa que son fabricados a medida e co logotipo específico de cada Concello”.
O orzamento investido nestes Equipos de Protección Individual e nos pantalóns anticorte, ascende a 6.294,78 euros.

Etiquetas