Skip to main content
ActualidadeCospeito

O PSOE de Cospeito pide aclaracións sobre o acordo para a bonificación de impostos

O PSOE de Cospeito fixo unha valoración do acontecido no último Pleno, no que se tratou a resolución das alegacións presentadas por este Grupo Municipal respecto da firma do protocolo entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a bonificación de ata o 95%  a empresas de nova implantación de varios impostos, o IBI, o imposto sobre obras, construccións  e  edificacións e o imposto de actividades económicas, coa conseguinte modificación de ordenanzas fiscais, aprobadas de urxencia  no anterior pleno, que de non ter presentado as nosas alegacións quedarían  aprobadas definitivamente, sen poder debatilas.

Segundo indica Rosa Morán, voceira do grupo “non  nos opoñemos a tales bonificacións, nin á creación de emprego pero examinada a documentación, vemos que deixa moitos aspectos ben importantes sen concretar, tampouco  vemos xusto que malia ter solicitando hai  dous anos, cando se levou a cabo a regularización catastral, non se bonificaron as instalacións agrogandeiras, nin se  rebaixou o tipo impositivo, que é  tanto o rústico como o urbano, dos máis elevados da comarca.  No anterior pleno, había un informe de intervención desfavorable, o cal, nin siquiera mencionou o alcalde na escueta explicación que nos deu, pero que si puidemos estudiar  con posterioridade e decía, que debido ao Plan de axuste ao que estamos sometidos pola débeda que seguimos tendo, habería que facer un estudo para ver si era viable a bonificación, o mesmo   argumento cando pedíamos bonificacións para instalacións gandeiras e outras. Pero na resposta ás alegacións , xa con outro interventor, o informe é favorable, argumentando que como eran empresas de nova implantación xa non se contaba con elas e non ían  influir no plan de axuste”

“Consideramos que o motor económico do concello é o agrogandeiro,  recoñecemos que non está no seu mellor momento,  por iso necesita especial atención, sen olvidar ningún outro que poida ser de interés. En  Cospeito hai máis de 30 importantes explotacións  de gando vacún , ademáis de explotacións máis pequenas,  tampouco  podemos olvidarnos dos que crían  porcos,  galiñas, coellos ou outros animais e que axudan aos nosos xubilados con pensións mínimas a subxistir,  por iso pedimos que se bonifiquen estas instalación polas que antes non se pagaba”, engade.

As feiras, as pequenas empresas, autónomos e negocios vinculados ao sector “non sobrevivirán moito tempo sen un sector primario forte e por iso pensamos que debemos ser realistas e coidar o que temos sen por iso deixar de mairar a posibilidade de fomentar outro sector”, conclúe.

“Por outra banda, parécenos que non se pode ser inxustos, este acordo pode  beneficiar a hipotéticas empresas que se poidan asentar no noso concello, pero temos que intentar que non perxudique a outras, porque podemos fomentar a competencia desleal. Este punto  pasa desapercibido , porque case sempre se fomentan axudas a emprendedores, a nova creación que é moi importante, pero non podemos lembrar  ás que levan anos pagando impostos e creando ou conservando emprego.  Calquera negocio que hai hoxe no concello , incluso creando emprego pagaría tódolos impostos, ou aumentando as instalación e sen embargo, unha empresa  de nova implantación non, pero o mercado pode ser o mesmo, entón no mesmo mercado non sería xusto que unhos paguen e outros non ( un supermercado por exemplo), poderíase perxudicar principalmente  a pequeñas empresas, ou empresas familiares que levan anos e anos pagando e mantendo emprego e non parece xusto, asique as cousas non son tan sinxelas, e ojallá se veñan asentar a Cospeito moitas empresas que creen moito emprego pero, ás veces por crear unhas morren outras, iso é así na libre competencia, pero non cando non todos teñen as mesmas condicións”, di.

Segundo explican, eEste protocolo non aclara as condicións dese emprego creado, como a duración e tipo de contratos, a porcentaxe de traballadores empadroados no noso concello, asi que poderían ser baldías as bonificacións. “Empresas que non pagan impostos no noso concello con traballadores que non tributen nin sumen tampoco sería en balde o esforzo feito”, engade.

“Pedimos deixar ben claro este tema, evidenciando tamén  as consecuencias do incumprimento.  Temos un exemplo á vista, parécenos sumamente inxusto que unha empresa á que se lle venderan unhos terreos que eran de tódolos veciños da parroquia de Cospeito por un millón de pesetas, que tuvo todo tipo de axudas  con  facilidades económicas e administrativas e que leva dende a súa implantación producindo cherios que se fan insoportables , que según decía o Alcalde ía traer inmensas riquezas e traballo para Cospeito e a día de hoxe  siga sen pagar o ibi, e tuvemos que ser nos quen o denunciamos, ninguén se daba conta, consta no contrato que tiña que manter no tempo  mínimo 15 postos de traballo, que nunca os tuvo, pero non pasa nada…Non vaia ser que aconteza agora o mesmo, por iso, non nos negamos a estas bonificacións, pero si pedimos que se aclaren as condicións dende un principio para que todo o mundo teña as mesmas posibilidades”, di.