Vilalba participa nunha campaña de Ecoembes de reciclaxe de envases

A partir da próxima semana e durante tres meses desenvolveranse unha serie de accións baixo o lema Recicla, respira e supérate. Únete ao reto nun total de 15 concellos galegos, elixidos para participar nesta primeira fase pola súa representatividade. Como premio, os concellos que consigan o obxectivo de incrementar nun 10% as súas achegas ao colector amarelo recibirán 2.000 euros para asuntos sociais.

Esta nova proposta desenvolverase a próxima semana e prolongarase ata o mes de xullo nos 15 concellos que participan nesta primeira fase. Concretamente,Únete ao reto chegará a Santiago, Ferrol, Narón, Ribeira, Boiro, Lugo, Monforte, Viveiro, Vilalba, Ourense, O Barco, Pontevedra, Vilagarcía, Redondela e Marín, concellos que foron escollidos tras analizar as zonas nas que a campaña tería un maior impacto e pola súa representatividade, xa que en total suman preto de 700.000 habitantes.

Para cumprir cos obxectivos marcados, están programadas unha serie de actuacións na rúa coas que se buscará comprometer á cidadanía na mellora das taxas de reciclaxe de envases lixeiros nolos seus respectivos concellos. A idea é apostar por accións innovadoras e rechamantes entre as que figuran a instalación temporal dun contedor xigante amarelo nun lugar público e visible, a mobilización dunha caravana de bicicletas para percorrer as rúas máis transitadas publicitando a campaña, a iluminación de edificios singulares dos concellos ou a realización de grafitis no chan mediante unha técnica non agresiva que permite que a pintura desapareza ao cabo dunhas semanas.

Buscarase tamén a complicidade dos alcaldes e membros das corporacións locais para que contribúan a concienciar e informar sobre a reciclaxe. Trátase dunha campaña dinámica que contará con actividades comúns pero que non necesariamente vanse a desenvolver de forma simultánea nin continuada nos 15 concellos. De feito, os 20 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizar as accións de rúa programadas.

 

 

 

Etiquetas