Castro de Rei organiza a primeira Xuntanza Cabalar en Goberno este sábado

A asociación cultural ecuestre Cos pes nos estribos organiza a súa primeira Xuntanza Cabalar na parroquia de Goberno, Castro de Rei. Esta primeira edición do encontro equino, que será o día 12 de maio, contará cunha ruta moi interesante polos bosques de Goberno. Os xinetes empezarán a chegar xa a partir das 10.00 horas onde gozarán dun almorzo, despois sairán a realizar un paseo pola contorna de Goberno e a zona da mina. Despois, ás 12.00, máis ou menos, será cando se leve a cabo un primeiro ágape a media ruta.

A xornada continuará cun xantar de confraternidade nun local cedido polos veciños, onde poderán comer polbo e churrasco para todos os que queiran quedarse, só teñen que apuntarse e abonar 20 euros. O aforo é limitado. De momento hai unhas 40 persoas anotadas xa, preparadas para desfrutar dun bo día ecuestre. Ademais, haberá sorteos de agasallos para os participantes e trofeos para o cabaleiro máis novo e máis vello, entre outros. A data limite de inscrición é o 7 de maio.

Etiquetas