Skip to main content
ActualidadeMuras

II Roteiro de Observación de cabalos PRG na serra do Xistral

Por 11 Maio, 2018Sin comentarios

O Concello de Muras xunto coa Asociación Puraga, organizan o II Roteiro ‘Observación de cabalos PRG na serra do Xistral’. Esta fermosa ruta será polas diferentes ganderías equinas da zona, subida ao parque Leboeira, observación dos cabalos no seu medio natural cos poldros nados na primavera. Haberá tamén unha degustación de carne de poldro PRG no restaurante Casa Vituco-Picapán. En todo momento levarase un guía, e haberá prazas limitadas.

A RUTA

A saída será na praza do Viveiró ás 10:30 da mañá. Comezando coa subida ao parque eólico do Leboreiro coa explicación das características da Serra do Xistral, explicación da situación do rural na zona, importancia do valor medioambiental e do labor do gando autóctono, ademais da observación da paisaxe, da fauna e da flora do sistema, parte da Rede Natura 2000.

Baixada co minibús ou a pé se as condicións meteorolóxicas o permiten. Observación dos cabalos en estado semisalvaxe, e das greas de PRG no seu medio. Unha vez finalizada a ruta polo Xistral, haberá visita a outras zonas para ver outro gando.  De volta na praza do Viveiró, tocará unha merecida de gustación da carne de poldro PRG no Casa Vituco-Picapán con diferentes presentacións, acompañada de estupendas sobremesas e café.

Para reservar: teléfono 981 500001 ou por Whatsapp  689 419722. PREZO: 15 euros por persoa.