Skip to main content
ActualidadeVilalba

Ábrese o prazo para solicitar praza na escola infantil municipal de Vilalba

Por 12 Maio, 2018Sin comentarios

A Escola Infantil Municipal de Vilalba abre o prazo de solicitude para o vindeiro curso. Este será do 15 ao 30 de maio de 2018 (ambos incluídos) e deberá presentarse no departamento de Servizos Sociais do Concello. A oferta de prazas nas escolas infantís da rede A Galiña Azul creceu na provincia de Lugo, xa que están dirixidas a nenos de entre 3 meses e 3 anos, ademais de ser un servizo de atención primaria a infancia e que permite a conciliación da vida laboral.

As solicitude de novo ingreso de nenos que figuren na lista de agarda da escola infantil Galiña Azul deberá de aportar: fotocopia do DNI dos pais ou representantes legais, fotocopia do libro de familia e declaración da renda do exercicio 2016 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.

As solicitudes que non figuren na lista de agarda deberán aportar ademais: fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento actual dos pais, así como documentación, se procede, que acredite as circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta.