O colexio Rosalía de Castro de Mosteiro organiza un obradoiro de grafitti o día 25

O Anpa do colexio de Rosalía de Castro de Mosteiro realizará un obradoiro de grafitti o día 25 de maio no que participarán todos os nenos do centro educativo durante toda a xornada escolar por grupos. Trátase de que aprendan mediante técnicas artísticas a traballar en grupo, achegando cada quen as súas cualidades, e coidar e mellorar a contorna no que viven.

Todos os escolares do Ceip Rosalía de Castro de Mosteiro participaran na decoración das paredes dos muros exteriores do seu centro educativo a través dun obradoiro impartido polos artistas Gus e David e promovido polo propio centro e pola Anpa.
Equipados con brochas, pinceis e ata sprais, os escolares pasaran por quendas, segundo a súa idade e ou seu curso, para colaborar na decoración das vellas paredes.

O muro xa tiña un mural pintado polos alumnos de fai 20 anos, entre estes alumnos estaba Indalecio Ramudo, actual director do colexio, que xa estaba un pouco deteriorado así que decidiron darlle un lavado de cara. Este obradoiro xa se fixo hai dous anos, no que se pintou a parte interior do patio.

Ademais durante todo o curso a Anpa organiza actividades extraescolares: xudo, lecer en inglés e multideporte, así como outras en horario lectivo como xogos tradicionais e billarda.

Para celebrar o día das Letras Galegas, o alumnado gozou dunha obra de Rafael Dieste representada polo Teatro de sombras. Realizaron varias actividades en clase e como todos os anos farán un roteiro cos profesores por unha zona do concello, que non se saberá ata o último momento.

O concello tamén participa nestas actividades tanto educativas como de lecer, ofrecendo actuacións de distintas artes escénicas nalgunhas das celebracións do centro.

 

 

Etiquetas