Esta fin de semana farase unha proba de cans de rastro en Muras

O domingo 20 de maio o Tecor O Balsego organiza a proba puntuable para a Copa de Galicia Proba de Cans de Rastro xunto coa Federación Galega de Caza, a colaboración do Concello de Muras e Armería Galega (Viveiro). A proba está pensada para que participen cans de rastro atrelados na modalidade xabaril.

A cita e a concentración previa será no Campo da Balsa ás 9:00, aínda que as probas comezarán ás 9:30 horas. Os 5 premios son: o primeiro un colar T5, botas e perneiras laranxas; o segundo unha emisora homolgable, chaqueta bereta e perneiras; o terceiro un chaleco antiferidas para cans e perneiras; o cuarto levará unhas botas bereta e un saco de pienso; o quinto gañará unha emisora homologable e saco de pienso; e o xantar posterior serán nunha carpa que estará na mesma ubicación para maior comodidade. A participación será libre, só cómpre ter a licencia de caza federativa.

O prezo da inscrición é de 35 euros, onde o xantar está incluido. Os vales do xantar dos non participantes será de 25 euros.

Etiquetas