Rábade espera os primeiros froitos da plantación de Cantalarrana

Ás veces as inversións menos custosas son as máis agradecidas. Fai uns anos coa colaboración do Concello de Rábade, centro comercial As Termas, a Asociación Galega de Custodia do Territorio e os alumnos do colexio Otero Pedraio fixeron na rúa Cantalarrana unha prantación de preto de 200 froiteiras de orixe galega, como pereiras, cereixeiras, amendoeiros, abeleiros, nogueiras….

Ademais a colaboración de custodia do Territorio e o colexio de Rábade axudaron a concienciar aos pequenos de que cada un prantara e coidara a súa propia árbore. Así que o Concello acondicionou o terreo e axudou nas tarefas necesarias. Así claro que o resultado é bo e satisfactorio para os rabadenses. Malia que as prantas son pequenas, espéranse uns resultados moi frutíferos en datas próximas. Así dentro duns anos, cando alguén pasee por esa zona, e lle apeteza unha mazá, poderá facelo con moito gusto, recordando que foi unha labor conxunta de todos os rabadenses.

Hoxe é un pracer ver como medran, e nun par de anos pasear por esa fermosa rúa e grazas a todos os que colaboraron, disfrutar dunha mazá ou doutra rica e sabrosa froita.

Etiquetas