Viaxe de apoio ao Racing Vilalbés no seu ascenso a Segunda B

A primeira eliminatoria na promoción de ascenso a Segunda B para o único equipo lucense e ademais chairego Racing Vilalbés, será contra o Atlético Pulpileño. O primeiro partido xogarase na Magdalena esta fin de semana, coa volta na localidade almeriense o seguinte.

Con este pretexto, o Vilalbés organiza unha viaxe para animar ao club o venres 25 de maio con saída dende o estadio Roca. A viaxe inclue os traslados, almorzos, comidas, ceas e estancias no hotel Aguilas Playa.

As inscricións faranse  durante o partido do día 20, e o luns 21 e o martes 22 na oficina do propio estadio Roca. Ten un prezo de 150 euros para socios ou familiares dos xogadores, e 170 euros para non socios.

Etiquetas