O PSOE de Cospeito solicita un pleno para falar da cafetería da Casa da Cultura

O grupo municipal socialista de Cospeito, que lidera Rosa Morán, presentou no Concello un escrito no que solicita a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar todos os asuntos referentes ao contrato de adxudicación da Casa da Cultura de Feira do Monte.

Este caso, que acabou nos tribunais, volveu á actualidade tras a sentencia que negaba a razón ao alcalde do Concello, Armando Castosa. Pódese ler a noticia sobre esta cuestión neste enlace.

Os socialistas reclaman a celebración dun pleno extraordinario no que se se trate como primer punto do día a dación de conta da sentencia e que se informe de cuestións como o incumprimento do contrato, condicións de contrato verbal e o que eles definen como “intento de engano referente ao pago das facturas do gasóleo”.

Do mesmo xeito, solicitan que se depuren responsabilidades na persoa do alcalde xa que “supoñen unha perda patrimonial para o Concello”. O PSOE indica que haberá que establecer a cuantía económica desa perda patrimonial  e imputala ao rexedor.

Etiquetas