Comezan os traballos de asfaltado no Poboado da Fraga

O concello das Pontes dará comezo, o xoves 24 de maio, os traballos de asfaltado nos viarios do Poboado da Fraga.

Esta actuación, que ten un orzamento de 25.410 euros, vai encamiñada a incrementar a seguridade do tráfico de vehículos e de viandantes na zona e a facer máis cómoda a circulación nos viarios de baixada e subida ó Poboado da Fraga. Ademais, os traballos de rehabilitación de ambas vías inclúen a reposición da sinalización horizontal co propósito de dotalas dunha maior calidade superficial e estrutural.

Desde o goberno local, infórmaselles ós veciños que as obras comezarán no viario de baixada polo que é preciso a retirada de vehículos durante a tarde-noite do mércores, 23 de maio. Os traballos desenvolveranse, a continuación, no viario de subida que deberá quedar libre de vehículos, a partir da media mañá do xoves, 24 de maio.

Etiquetas