Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O Concello de Riotorto remata as obras de mantemento no saneamento de Augaxosa

Por 23 Maio, 2018Sin comentarios

O Concello de Riotorto rematou estes días varias obras levadas a cabo nas instalacións municipais de Augaxosa. Neste complexo realizáronse diferentes labores de mantemento. Unha das accións foi a reparación da acometida de saneamento da depuradora, que vertía por abaixo e na que dous pozos filtraban augas sucias a un terreo privado. Os operarios municipais foron os encargados de levantar as acometidas e reemprazar os tubos.

Por outra banda, fíxose unha base de formigón e deuse impermeabilizandas ás paredes do depósito de auga e tamén reemprazouse unha rejilla que recollía as augas pluviais porque escapaban para o interior dun inmoble.

As obras, con cargo aos orzamentos municipais, foron levadas a cabo polo propio persoal municipal.

O alcalde da localidade, Clemente Iglesias, destacou tamén a próxima execución de aglomerado na estrada que une as localidades de Ferreiría, Carboeiro e Navallo. Estas darán comezo antes do 15 de xuño dentro do Plan Marco da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Trátase dunha estrada de moito tránsito xa que son dous núcleos onde reside población.

Por outra banda, antes do 10 de xuño farase o aglomerado do campo da festa de Aldurfe, segundo indicou o alcalde.