Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O proxecto europeo Life Fluvial mellorará a contorna da Lagoa do Rei

Por 24 Maio, 2018Sin comentarios

O programa Life Fluvial da UE realizará este ano na zona de Rábade un programa de mellora do espazo natural da Lagoa do Rei, así como un trazado de unión da mesma co Río Miño e coa Ruta Perimetral Rabadense, unha ruta que percorre todo o termo municipal impulsada polo Concello. Esta ruta enlazará coa senda proxectada pola Xunta de Galicia que unirá a N-VI con Vilar de Seo.

As actuacións incluirán tarefas de conservación do seu bosque aluvial e a sinalización desta zona e nelas colaboración varias institucións de Galicia, Asturias e Portugal, como a Universidade de Santiago, impulsora do proxecto e cuxos representantes visitaron a zona acompañados polo alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente.

Os traballos estarán dirixidos polo Ibader (o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desevolvemento Rural da USC), que realizarán un labor de mantemento na zona, reemprazando árbores invasoras que están a piques de caer ou de acadar os tendidos por outros exemplares acordes co hábitat.

Tamén se correxirá a pendiente no borde oriental da lagoa, porque supón un problema para algúns anfibios durante os veráns secos.

Outras das medidas que se levarán a cabo serán a mellora da conectividade da Lagoa do Rei con outros hábitats de interese na zona, como o río Miño. Para isto crearase un sendeiro que una este espazo ata a Ruta Perimetral e se mellorará sustituíndo aqueles tramos que van pola estrada.

As sinalizacións do enlace, da lagoa, a limpeza e melloras no observatorio son algunhas das medidas adicionais que se tomarán para mellorar a zona.

O obxectivo é comezar os traballos nas próximas semanas para que poda rematarse antes do verán