Outeiro de Rei organiza campamentos urbanos para os pequenos ata 12 anos

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición para os campamentos urbanos que se realizaran do 2 ao 6 de xullo para nenos e nenas de 4 a 7 anos e do 9 ao 13 de xullo para os de 8 a 12 anos.

As prazas que se ofertan (25 por campamento) cubriranse por orde de inscrición (terán preferencia os empadroados no concello e os alumnos do CEIP Laverde Ruiz con respecto).

O prazo para anotarse permanecera aberto do 2 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas. A cota a pagar para participar nesta iniciativa é de 40 euros sen comida ou de 45 euros con comida, que deberán aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Entre as actividades a realizar nestes campamentos destacan: obradoiros, día de praia, xogos de equipo, visita ao parque acuático de Cerceda, etc.

Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura en horario de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.

 

Etiquetas