Skip to main content
A PastorizaActualidadeAgro TERRACHÁXA

O Concello da Pastoriza saca en arrendo varias fincas

Por 25 Maio, 2018Sin comentarios

O Concello da Pastoriza vén de publicar no BOP a orde que lle pemite iniciar o proceso para o arrendamento de 17 fincas rústicas procedentes da concentración parcelaria.

O obxetivo desta medida é que estas masas comúns deixen a súa situación actual de improductividade e podan ter un aproveitamento agrícola ou gandeiro.

As fincas obxecto de contrato son cualificadas como bens patrimoniais de propiedade municipal por escritura pública de actas complementarias de reorganización da propiedade das zonas de concentración parcelaria de Bretoña, Cadavedo, Gueimonde, Lagoa, Pousada, Saldanxe e Úbeda.

As fincas, que se licitan de forma independente, están libres de gravámenes e arrendaranse por un periodo inicial de cinco anos con posibilidade de prórroga ata os dez anos.

O prazo para a presentación das ofertas polo arrendo destas fincas xa está aberto e a adxudicación do contrato realizarase polo procedemento aberto mediante concurso e tramitación ordinaria. A adxudicación recaerá no licitador que faga a proposición máis vantaxosa.

Entre as obrigas para os arrendarios está o feito de que as terras terán que adicarse á explotación agrícola ou gandeira e non poderán utilizarse para plantacións forestais ou leñosas. Os propios arrendatarios serán os encargados da limpeza e mantemento das mesmas e non poderán facer desmontes nin variacións na estrutura das terras.