Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras prevé contruír un novo polígono no lugar da Cabana

Por 26 Maio, 2018Sin comentarios

O goberno municipal de Muras ten previsto construír un novo polígono industrial no lugar da Cabana, unha zona próxima á estrada LU-540, que une a localidade de Viveiro coa de Xermade. O obxectivo deste proxecto é dar resposta ás demandas dos empresarios da zona que lle fixeron chegar o seu interese en ampliar as infraestruturas.

Para poder facer esta obra, o equipo de goberno decidiu levar a pleno a revisión das normas subsidiarias, un procedemento que foi aprobado co respaldo de todas as forzas políticas con representación.

Segundo indica o alcalde “co visto bo técnico e xurídico, quedan pendentes as autorizacións sectoriais de augas, estradas e outras administracións para poder comezar canto antes ou proxecto”, ao que destinarán uns 60.000 euros do orzamento municipal para a compra dos terreos.

A zona na que se situará a futura área empresarial xa foi obxecto dun levantamiento topográfico pero os responsables municipais lembran que os procesos poden dilatarse no tempo por cuestións burocráticas, malia contan con facer a compra antes do verán. Primeiro adecuaranse 38.085 metros cadrados e, a continuaciór, irán outros 40.569 e 44.447 metros cadrados máis. O obxectivo é crear un total de sete parcelas para os 123.101 metros cadrados que ten en total.