Skip to main content
ActualidadeMeira

A Deputación arranxará estradas en Meira por valor de 90.100 euros

Por 28 Maio, 2018Sin comentarios

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que o Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno a contratación de obras por valor de 553.000 euros para a reposición do firme duns 16 quilómetros de 7 estradas provinciais dos municipios de Baralla, Monforte de Lemos, Becerreá e Meira.

EnMeira as obras serán en: 705 metros da LU-P-3003, de Meira por Leiras á CN-640, a partires do punto quilométrico 0; e 2,2 quilómetros da LU-P-3005, de Couso a Vilar de Carota, a partires do punto quilométrico 0. Destínanse 90.100 euros.