O Concello de Pol establece as obras que se financiarán co Plan Único

O Plan Único da Deputación, dotado con 23 millóns de euros que se repartirán en proxectos para os 67 ayuntamientos de la provincia, deixará no Concello de Pol 262.135,32 euros para a realización de diferentes obras.

O Concello aportará 12.064,70 euros, o que suman un total de 274.200,02 euros que destinarán a varias obras en parroquias. Así, aos abastecementos de auga de Caraño, Mosteiro, e Fraialde irán 72.024,27 euros; haberá unha intervención na mellora da red viaria no lugar de Baílle na parroquia de Suegos por 30.584,31 e tamen farán unha renovación do campo munipal de fútbol de Mosteiro por 40.843,63.

A estas obras hai que engadir a adquisición duns terreos que ten o obispado fronte á igrexa de Suegos. Trátase dunha fincia e unha casa a cal que se restuarará para local social. A este proxecto destinarán 30.096,96; ao que se sumará a compra de algunhas máquinas para mellorar os traballos de todos os días do concello por 18.000 euros.

Aos servizos de axuda no fogar destinaranse 24.000, xa que Pol é un dos Concellos que máis “mima a atención de servizo de axuda no fogar”, segundo indicou o seu alcalde Lino Rodríguez Ónega.

Dentro do listado de obras do Plan Único figura un programa de fomento do emprego ao que se destinarán 32.421,76 euros, para actividades culturais 6.000 euros, para actividades deportivas 8.000 euros e para festas, mercados ou feiras 4.000 euros. Outro dos investimentos que van facer será para a regulación xeral de protección de datos, os que destinarán 5.229,09 euros. E tamén irán outros 3.000 euros para protección civil.

O Concello dará preferencia para estes investimentos á auga e ás melloras viarias na parroquia de Suegos. Faranse escolleras para manter o terreo, para despois alfaltar toda a vía que atravesa o barro.

Etiquetas