Remata a Liga Nacional de Billarda con podios para a Terra Chá

Onte disputouse en Santiago de Compostela as finais da liga nacional de billarda. Para estas finais só se clasifican os mellores de toda Galicia en cada categoría.

A Terra Chá estaba representada polos equipos da Ponte de Outeiro, Carabullo e Chainzos-Cadaval, de Castro de Rei.

Foi unha destacada actuación dos da Ponte de Outeiro que se repartiron os podios cos equipos das Rías Baixas, levando os chairegos o primeiro posto de varados con Tomás como campión nacional e Santi subcampión.

Por equipos, Carabullo foi o terceiro, superado só por Lúa de Forza de Sanxenxo e Corredoiras de Bueu.

Etiquetas