Xermade celebrará o 24 de xuño a III edición da Pedalada Solidaria

Un ano máis, e xa van tres, o concello de Xermade celebrará a súa Pedalada Solidaria, unha actividade que conxuga o deporte e a convivencia coa solidariedade.

Esta cita terá lugar o 24 de xuño a partir das 10.00 horas, cando se dará a saída á mesma na praza do Concello. Os participantes fára o percorrido de Xermade á Charca do Alligal, un total de 18 quilómetros que se farán a paso tranquilo e c on paradas para reagrupar aos pequenos.

Os interesados en participar poderán facelo a través do teléfono 982 501 001. Aínda que a inscrición é gratuíta, haberá unha urna solidaria da Cruz Vermella para facer unha aportación.

Ademais, os máis pequenos poderán desfrutar duhna xincana polos arredores do edificio do Concello.

Etiquetas