Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Festa dos Maiores de Guitiriz será o xoves en Lagostelle

Por 29 Maio, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz celebra o xoves 31 de maio de 2018 a XV Edición da Festa dos Maiores  na Área Recreativa San Xoán de Lagostelle.

O Programa de actividades comeza ás 12:30 h cunha misa campestre e, ao remate do oficio, ofrecerase unha charla sobre cómo aforrar na factura da luz. De seguido, haberá unha breve charla sobre seguridade cidadá impartida pola persoal  da Garda Civil do posto de Guitiriz.

Tras o xantar haberá festa rachada e sorpresas varias.

Haberá autobús  que sairá do Campo da Feira  de Guitiriz ás 12:00h para todos os que desexen acudir á festa.