Festa do día dos Nenos en Castro de Rei o día 10

O Concello de Castro de Rei xa está preparando, para o domingo día 10 de xuño, a Festa do día dos Nenos, que este ano será en Castro de Rei e na que os máis cativos e os rapaces poderán desfrutar, como xa é tradicional nesta celebración, de xogos como inchables e tobogáns. Como remate non faltará a divertida festa da escuma, polo que convén non esquecer levar roupa cómoda para poder desfrutar o máximo.

O horario da festa aínda está por conformar pero previsiblemente será dende as 16:30 h ata as 20:00 h na carballeira ou, dependendo do tempo, no pavillón municipal.

Etiquetas